Partimos unha mañá lixeiramente neboenta, que se converteu en radiante, cara á biblioteca de Chapela para ter un fantasioso encontro co mundo dos contos clásicos e....a economía:
A economía desángrase, con Pepa Martín
A economía desángrase, con Pepa Martín
A cuberto de ataques de ogros, malvados encantos e bruxas, abeirámonos nun luminoso recinto os personaxes desta fábula: Pepa Martín, dirixindo a partida, Telmo Crespo da Fundación Filomena Rivero, Mª Elena Becerra, Mª José Villar, Cote Reboredo e....os protagonistas principais!:
os alumnos de Dinamización Cultural e Tempo Libre do Obradoiro de Emprego "Emprega Verde" e o alumnado do Ciclo de Educación Infantil e do Ciclo de Atención a Persoas en situación de dependencia do IES de Chapela
Como en todo bo conto que se prece non faltou un dragón que nos chegou voando da libraría El Dragón Lector. Moitas, moitas grazas!
...e tamén, como en todo conto, tivemos que seguir un perigoso percorrido cheo de obstáculos: a Ruta dos contos de fadas dos Irmáns Grimm
Terrrriiibleeessss probas!!!!!
terroríficos ruídos!!!!
xogos para rir a gargalladas
e para terminar...un final moi feliz: con saborosa bolería (xa se sabe que os perigos abren o apetito) e un auténtico tesouro que trouxeron do reino de Nívola: moitos, moitos libros e marcapáxinas dese afastado país. Moitas, moitas grazas á editorial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario