Mandalas de conto é unha actividade baseada nos contos clásicos da literatura universal. En cada conto hai escondida unha mandala, mandala única e persoal de cada historia. Unha vez descubertas poñerémonos mans á obra e daremos paso á creatividade e a cor.
Qué é unha mandala?
Mandala, palabra que en sánscrito (antiga lingua dos brahmanes)
significa "círculo sagrado", consiste
nunha serie de formas xeométricas concéntricas organizadas en
diversos niveis visuais.
Debuxar
e pintar mandalas posibilita a concéntración e a aprendizaxe;
equilibra os hemisferios cerebrais; e estimula a imaxinación
favorecendo a libre expresión. A través do debuxo, da cor, o neno
expresa o seu mundo interior, pensamentos, ideas, estados de ánimo e
relacións co mundo dun modo cada vez máis complexo.
O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Para nenos de 6 a 9 anos
Na Sala Infantil da Biblioteca Municipal
Ás 18:00 h.
Gratuito. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Municipal
Tfno. 986 40 15 61
No hay comentarios:
Publicar un comentario