domingo, 30 de marzo de 2014

... de raíces

Encontro dos clubs de lectura con Berta Dávila e Raíz da fenda este pasado venres:


"Sobrevivín a cinco fisuras sobre as paredes do meu ventre
e a un século de neve para poder contalas,
para ser quen de nomear a todos os que faltan,
para inventar palabras que completen os ocos destes muros.
E talvez amo aínda
esa incerteza cartográfica da cicatriz,
e por iso consinto
navegar polas feridas do meu corpo como un suicida:
ser apenas fenda, apenas músculo,
rabuñar nas fronteras da pel
para levar a vida por debaixo das unllas,
a aprender a falar do que perdín como farían os vencidos,
con esa soidade da bandeira soterrada." 





Premio á  Mellor obra de ficción por «O derradeiro libro de Enma Olsen»  e o recoñecemento «á traxectoria creativa dun autor ou autora durante o ano 2013» pola Asociación Galega de Editores.


Confabulario novo (Blog de Berta Dávila)

"Creo que xa non son a que era cando comecei o libro, e que xa non o serei máis, non porque o libro me mudase (ou talvez si) senón porque eu mudei para el.
Nunca fun tan honesta comigo nun libro de poemas. Nunca convocara antes a fenda de maneira tan directa. Nunca procurara así cada unha das fisuras, cada unha das feridas. Nunca fora, tampouco, tan dura como o é unha améndoa.
Até agora.
Hai feridas que botan raíces en nós. 
Agora preciso abandonalas, entregalas ao
Só agardo que haxa alguén que as recolla na outra beira." 


"Todos cargamos, ou cargaremos, con esas cinco fisuras. Irémolas coleccionando, pois son as cinzas inevitables da queima dos nosos días. 
Se algunha delas non nos chega a marcar, ou cando menos a rozar coas xemas dos seus dedos, será ben porque se nos regala un curto camiño, ben porque nos agochamos nas esquinas paralizados polo medo a vivir. 

Calquera das dúas opcións antóllaseme moito máis terrible que aprender das feridas, maquillar as cicatrices, e seguir cara adiante loitando polo sorriso e gozando do milagre de estar aquí e agora."

(reflexión dunha lectora dos clubs logo de ler Raíz da Fenda)



 "A fuxida" o drama dos nenos desprazados polas guerras




"E non podías irte
porque ti
eras todo canto podiamos
chamar casa;
e sen ti
ficariamos espidas á intemperie,
diluídas na chuvia,
soas,
e sen pasado."







Participa connosco nun anaco de reunión en youtube (grazas a Roberto Solano):




 Como nace e se desenvolve unha obra


Moitas grazas a Mercedes e a Marta polas fotografías, e tamén a Roberto polo vídeo.

No hay comentarios: