lunes, 31 de marzo de 2014

Visita do CEIP Alexandre Bóveda á Biblioteca de Chapela

Esta mañá de luns, bendecidos polo bo tempo e o sol, pudemos recibir na Biblioteca de Chapela a uns visitantes moi especiais, que se achegaron ás nosas instalacións camiñando dende o seu colexio.

 
Estes convidados a visitar a nosa biblioteca non eran outros que o alumnado de Infantil do CEIP Alexandre Bóveda, que se achegaron á biblioteca para gozar dunha sesión moi fermosa de teatro de sombras, a cargo do alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela.

 
A actividade forma parte da serie de espectáculos de teatro de sombras que este alumnado está a ofrecer na biblioteca durante este mes, e se realiza para visitas escolares grazas á colaboración da biblioteca municipal coas bibliotecas dos centros de ensino. A pasada semana tamén lles achegaron estes contos en sombras ao CEIP Laredo.

Xunto cos espectáculos de sombras:
- O mariñeiro Currás
- El cuento de Matías
- El pollito Pío
Contáronnos tamén o conto de Boubou e o elefante Bembé, e cantamos algunha canción.
Finalmente os rapaces puderon achegarse aos libros, cunha selección de contos que lles tiñamos preparados para a ocasión.


No hay comentarios: