martes, 22 de abril de 2014

Con vento, con chuvia...con Sole Felloza

Soledad Felloza levounos da man da palabra e a oralidade a un mundo imaxinario que, no seu tempo, existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: a dunha mitoloxía rica e plena de deuses ata agora case descoñecida para o público xeral. A partir da recreación literaria das deidades da época dos castros, obtivemos unha visión máis rica e ampla do universo de crenzas e o sistema simbólico e relixioso dos antigos galaicos.
A mellor véspera dunha gran festa como a de mañá

"Nauia aprendeu cabo dos seus pais e dos sabios as ciencias todas en Caenabriga, agachada na fortaleza no medio dos bosques, e foi medrando. Por cada ciencia que o seu pai lle aprendía, ela aparecía sabendo outra máis, descoñecida para o seu pai. Se o seu pai lle aprendía a tocar a frauta, ela poucos días despois sabía tocar a cornamusa e se o seu pai lle ensinaba a lingua dos animais, ela aprendía a lingua dos mortos." ("Vento e Chuvia" de Manuel Gago)



No hay comentarios: