miércoles, 23 de abril de 2014

Leixaprem, co IES Chapela, no Auditorio de Chapela


Este martes celebramos o Día do Libro na Biblioteca de Chapela na compañía do IES Chapela. O alumnado de 3º da ESO do centro e mais os seus profesores acudiron á biblioteca para realizar unha actividade especial.


Con ela non só festexabamos esta efeméride tan querida, senon tamén o centenario do achádego do Pergamiño Vindel. Todo un descubrimento para o coñecemento da lírica galaico-portuguesa e da súa música.

Leixaprem, coordinada por Juan Carlos Vázquez, de Modestos Contos de Brodway, é unha actividade que combina poesía, canto e pintura. Achégase así ao coñecemento da arte medieval galaico-portuguesa a través de diferentes áreas creativas.

Os nosos participantes compuxeron versos, na métrica galaico-portuguesa:
 Pintaron:

E levaron á canción os seus propios poemas:
A interconexión entre estas diferentes áreas do seu aprendizaxe resultoulles estimulante e divertido, e a participación foi, en xeral, boa e animada. 

Podedes ver aquí un anaco do resultado da interpretación vocal:
 

Este encontro poético musical desenvolveuse dentro da programación da VI Semana do Libro: A Festa das Palabras, desenvolvida entre as Bibliotecas Municipais de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística do Concello.





A actividade levouse a cabo grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia. Recibiu unha boa valoración por parte dos participantes da mesma.

No hay comentarios: