martes, 8 de abril de 2014

E AQUI ESTAMOS TODOS!

 A iniciativa galardoada esta fin de semana na entrega dos XXIII Premios Irmandade do Libro celebrada en Rianxo, contou coa colaboración dos libreiros de A Carambola de Reboreda, Libraría Rivero de Chapela e as librarías La Imprenta de Amador, Moliere, Doble Pauta e Mandamamá no casco urbano de Redondela e da Radio Municipal na que se emitiu esta programación especial destinada a promocionar os libros como agasallo de Nadal e a sua adquisición nas librarías do propio concello. Acompáñannos na imaxe, Javier Bas, alcalde de Redondela, e Julio Alonso, concelleiro de Cultura.

Os bibliotecarios e mais os libreiros de Redondela, xunto coa representante de Radio Redondela, o Alcalde e mais o Concelleiro de Cultura, presentamos o premio na sala infantil da biblioteca

Recepción do premio polo Alcalde do Concello de Redondela

A nova no Faro de Vigo.

No hay comentarios: