miércoles, 9 de abril de 2014

O Valego, con Xosé-Henrique Costas, onte na Casa da Cultura de Redondela



Moi interesante e instrutiva a charla de onte sobre "as falas de orixe galega do Val do Ellas". Alén dos aspectos lingüísticos e sociolingüísticos cos que nos ilustrou X. Henrique Costas, abriunos tamén os ollos sobre a necesidade de respecto da diversidade lingüística e do deber de esixirmos que se cumpra a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. Ademais, agora devecemos tamén por visitar ese val e falar en galego cos habitantes de San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.

A actividade estaba organizada polas Bibliotecas Municipais e mais o Servizo de Normalización Linguística de Redondela, dentro do programa da VI Semana do Libro: A festa das palabras.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Canto aprendimos, si. Aínda este mediodía estiveron a falar os meus fillos do "lagarteiro".

Haberá que levalos a Estremadura a ver si se animan a falar galego.

Novas das Bibliotecas dijo...

Creo que teriamos que organizar unha excursión ;)