Dentro da VI Semana do Libro: A Festa das Palabras, e despois do seu paso polo Multiusos de Chapela, xa temos aquí o que xa é un clásico da nosa celebración do mes dedicado ao libro: a exposición multilingüe, con libros e documentos nas diversas linguas da Península Ibérica (éuscaro, aranés, asturiano, aragonés, portugués, castelán, galego, catalán)
Ata o 30 de abril no Multiusos da Xunqueira.
En fronte da exposición, podedes encontrar todos estes días, gran variedade de marcapáxinas para todos aqueles que gustades de coleccionalos.
Antes de rematar este post, unhas palabras de agradecemento a José Manuel Monroy que se envorcou na montaxe da exposición, buscando solucións e achegando ideas para que lucise do mellor modo posible.
Así mesmo a David que nos axudou na súa montaxe
2 comentarios:
Tendes algún libro de Xuan Bello???
Sí, temos un libro dese autor, pode velo neste enlace.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PAM030&Rexistro=7312&Formato=Etiquetas
Para solicitar información sobre libros ou fondos da biblioteca, por favor, contacte con nós nos seguintes enderezos:
bibliotecaredondela@redondela.es
bibliotecachapela@redondela.es
Grazas.
Publicar un comentario