O mellor para que os nenos se vaian facendo á lectura, é contarlles contos desde ben cativos, mellor se é no propio berce. Por iso, a actriz e contacontos Charo Pita ofrecerá o luns 5 de maio, ás 18:00 h., na Sala Infantil da Biblioteca as súas “Fábulas no berce”, dirixidas a nenos de 0 a 3 anos. Con este espectáculo, Charo trata de introducir aos máis pequenos no universo das palabras a través de relatos sinxelos, ritmos e cancións. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que deberás inscribirte nas dependencias da Biblioteca, no primeiro andar do edificio Multiusos da Xunqueira, ou chamado ao 986 40 15 61.
Duración da actividade: 40 min. aprox.
Actividade realizada grazas a COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario