lunes, 14 de abril de 2014

Hoxe, en Chapela, cumprimos 9 anos


Tal día como hoxe, pero hai 9 anos, a Axencia de Lectura Municipal de Chapela, ou Biblioteca de Chapela, abría as súas portas e comezaba a súa andaina como biblioteca dependente da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
Foron tempos de comezo, de traballo e de aprendizaxe, enchendo día a día a biblioteca de máis libros e dándonos a coñecer na localidade, para facer novos socios.
 
Leolo sopra a vela número 9 por este aniversario
Hoxe, con máis de 9000 volumes, con preto de 1700 socios, e cun mostrador renovado con novos mobles, estamos orgullosos de formar parte das Bibliotecas Municipais de Redondela, dende onde desenvolvemos o noso traballo.

Novos mobles para o mostrador da biblioteca de Chapela
Festexamos este día tan especial coa exposición "Historia do cinema portugués", que poderá verse ata o 22 de Abril na Sala de Exposicións do Edificio Multiusos de Chapela, e que forma parte dos actos de celebración do mes do libro, coa VI Semana do Libro: A Festa das Palabras.

Exposición: Historia do Cinema Portugués
Grazas a todos os que formades parte da nosa pequena historia. Que sexan moitos anos máis!

3 comentarios:

Jose Manuel dijo...

Moitísimas felicidades. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Parabéns e a seguir traballabdo. ;)

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas! Agardamos seguir traballando coa mesma ilusión :-)