Tal día como hoxe, pero hai 9 anos, a Axencia de Lectura Municipal de Chapela, ou Biblioteca de Chapela, abría as súas portas e comezaba a súa andaina como biblioteca dependente da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
Foron tempos de comezo, de traballo e de aprendizaxe, enchendo día a día a biblioteca de máis libros e dándonos a coñecer na localidade, para facer novos socios.
Foron tempos de comezo, de traballo e de aprendizaxe, enchendo día a día a biblioteca de máis libros e dándonos a coñecer na localidade, para facer novos socios.
Leolo sopra a vela número 9 por este aniversario |
Hoxe, con máis de 9000 volumes, con preto de 1700 socios, e cun mostrador renovado con novos mobles, estamos orgullosos de formar parte das Bibliotecas Municipais de Redondela, dende onde desenvolvemos o noso traballo.
Novos mobles para o mostrador da biblioteca de Chapela |
Festexamos este día tan especial coa exposición "Historia do cinema portugués", que poderá verse ata o 22 de Abril na Sala de Exposicións do Edificio Multiusos de Chapela, e que forma parte dos actos de celebración do mes do libro, coa VI Semana do Libro: A Festa das Palabras.
Exposición: Historia do Cinema Portugués |
Grazas a todos os que formades parte da nosa pequena historia. Que sexan moitos anos máis!
3 comentarios:
Moitísimas felicidades. Unha aperta.
Parabéns e a seguir traballabdo. ;)
Graciñas! Agardamos seguir traballando coa mesma ilusión :-)
Publicar un comentario