Este pasado sábado, vivimos en Rianxo unha tarde inesquecible e isto, que pode soar ao típico que se escribe nestes casos, foi e é unha realidade. Perdura, ainda hoxe, un sentimento gozoso de ter compartido un momento de grande alegría arroupados polo cariño de organizadores, compañeiros, de todas as "xentes do libro".
Queremos agradecer a Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, as súas afectuosas palabras e a Teté e María da organización a súa simpatía e incondicional axuda. Ao alcalde de Rianxo, a cordialidade e afecto que despregou en toda a xornada.
A reunión final, distendida e divertida, foi o inmellorable colofón a esta celebración.
FELICITACIÓNS A TODOS OS GALARDOADOS!!!
e, permitídenos un abrazo moi forte á nosa compañeira e amiga, Sofía Carou, magnífica bibliotecaria de Rianxo.
|
Todos os galardoados |
|
Pica aqui para acceder ás imaxes da entrega do premio en video |
|
Co concelleiro de Cultura, Julio Alonso |
|
Unha grata sorpresa: Saúdos para os clubs de lectura de parte de Berta Dávila! |
2 comentarios:
Noraboa.
Graciñas :-)
Publicar un comentario