Vento e Chuvia é unha conferencia que impartirá Manuel Gago, na que atoparemos un tesouro descoñecido para unha gran parte da poboación galega: a existencia dun gran número de deuses, con nomes e atributos, aos que se lles nomeaba en linguas xa desaparecidas, por parte de xentes ás que non somos quen de pór rostro. Deuses adorados nos castros, nos montes, nos camiños e ao longo do territorio do noso vello país. Deuses enigmáticos, que teñen consumido litros de tinta de investigadores que tentaron comprender as súas características, roles e sentidos na vida dos nosos devanceiros da Idade do Ferro. Unha aproximación a partir de moito do coñecemento e da discusión xenerada nos ámbitos da lingüística, da mitoloxía comparada e da arqueoloxía ao respecto destes deuses:
Na Casa da Cultura (Praza Figueroa)
Entrada libre e de balde
No hay comentarios:
Publicar un comentario