Esta semana estamos a celebrar dúas sesións de contacontos e títeres co alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Na primeira sesión contamos con títeres. Con Hixiene dental as contadoras animaron aos cativos a atender o coidado dos seus dentes.
A continuación nos amosaron tres contos artesanais, que pudemos gozar coas súas interpretacións:
- O primeiro: As viaxes de Tato, onde Tato descubre as estacións do ano.
- O segundo, Canta o cuco, sobre un anano que non sabía contar e un cuco moi listo que lle axudou a facelo.
Ademáis do conto, os rapaces gozaron de recoller sorprendentes globos-froito do interior da árbore máxica.
- Rematamos con Mi amiga Sirena, onde nos achegamos ao mar e a historia de amor desta querida sereíña que tanto nos gusta, nun fermoso conto con cores e texturas.
A continuación, tempo para xogos e cancións, conducidos tamén polo noso grupo de animadores.
Mañá venres, ás 17:30 h., teremos de novo títeres e máis contos. Nenos e nenas de Chapela poderán gozar dunha tarde moi divertida escoitando historias e vendo estas fermosas creacións dos nosos amigos do IES Chapela.
Agardámosvos mañá a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario