"En la mesa y en el juego, se conoce a la dama y al caballero", di o refrán.
Os tres días no I Curso de protocolo e boas maneiras, Nicolás, Paz, Alba, María, Celia, Pedro, Iria, Alba, Sergio, Iker, Adolfo, Anxo, Birtuka, Xiana e Aitana, participantes no mesmo, demostraron, tanto na mesa como nos xogos realizados, que son damas e cabaleiros consumados
Aquí podedes acceder ás fotografías do evento
Todo comezou o 27 de xuño cun espléndido arranque no restaurante Consejo, coa sesión dedicada ao protocolo na mesa
Un 27 de xuño, foi o comezo |
Coa presidenta da AECC de Redondela |
Agradecerlle desde aquí a súa impagable colaboración así como á farmacia de Isabel Vázquez Gómez e aos laboratorios Vichy e Isdin que facilitaron productos de protección solar para todos.
No terceiro día, as relacións sociais centraron a sesión:
Aprendendo a dar a man |
E, como broche de ouro, a entrega de diplomas por parte de Javier Bas, alcalde de Redondela, de Teresa Paris, concelleira de ensino, e de Julio Alonso, concelleiro de cultura.
Un 4 de xullo, o remate |
Estes días estiveron cheos de instantes entrañables. Imposible recollelos todos. Pero si queremos deixar constancia dalgún deles:
- o emotivo momento de agradecemento á Fundación Filomena Rivero Alonso, representada no acto polo seu secretario Telmo Crespo, que recibiu dos participantes unhas fermosas palabras e un álbum ilustrado asinado por todos:
- as "máxicas sorpresas" de Leonor Rodríguez (imposible agradecer todo o agarimo e dedicación que prodigaches nestas xornadas):
- o emotivo momento de agradecemento á Fundación Filomena Rivero Alonso, representada no acto polo seu secretario Telmo Crespo, que recibiu dos participantes unhas fermosas palabras e un álbum ilustrado asinado por todos:
Anxo, en representación de todos, dirixe unhas palabras de agradecemento á Fundación |
Telmo Crespo recibe un libro asinado por todos os participantes |
2 comentarios:
Parabens a todos os organizadores do curso,en especial a Leonor por tanto cariño e paciencia. Gracias e oxala se fagan mais deste tipo. Bicos!!!
Moitas grazas, Marga! Unha aperta
Publicar un comentario