Hoxe celébrase o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Con tal motivo, o pasado venres festexamos na Biblioteca de Chapela un contacontos.
Da man da contadora Marisa Irimia, vella amiga das nosas bibliotecas, percorrimos algúns contos ambientados nos tempos antigos, e nos achegamos ás poesías máis saborosas e festivas da nosa poeta máis internacional.
Nun divertido contacontos, onde todo podía pasar, coñecimos a magos, vellos trobadores, homes dos camiños... e ata a Rosalía de moza, que nos achegaron moitas moitas historias divertidas.

Radio Redondela achegouse a esta actividade, e tamén recolleu algúns dos momentos máis interesantes do contacontos para homenaxear á escritora dende as ondas.
Graciñas a todos por vir e por pasalo tan ben connosco.
Ata a próxima contada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario