Nestes días os clubs de lectura de Redondela e mais de Chapela xuntáronse para falar respectivamente dos libros:
- "El adversario", de Emmanuele Carrère
- "Samarcanda", de Amin Maalouf
Dúas propostas proviñentes desta vez do país galo, pero moi diferentes entre sí. Dunha banda o exotismo orientalizante de Maalouf, nunha historia que parte da antiga e brillante Samarcanda para achegarnos á realidade do actual Irán. Doutra, o impacto cru de Emmanuel Carrère, coa crónica novelada duns feitos da máis negra páxina de sucesos que os nosos veciños franceses nas últimas décadas.
No blog dos clubs de lectura podedes coñecer un pouco máis sobre estas lecturas.

Na xuntanza de Chapela, este luns, no medio do exotismo oriental aproveitamos para dar goce tamén ao sentido do gusto, e para probar doces cos que celebrar o aniverario de dúas das compoñentes do club que todos os anos, que curioso!, coinciden en ter o seu aniversario no mesmo día.
Parabéns e, como din as linguas máis sabias: "que de hoxe nun ano!"

No hay comentarios:
Publicar un comentario