Nesta semana xuntámonos no club de lectura para comentar "A serea da illa negra", de Agustín Fernández Paz.
Se trata dunha lectura que nos achega ao misterio, e un pouco ao terror, composta de dúas narracións nas que as sereas, os mitos, os espazos misteriosos e o medo son os protagonistas. Tamén dúas historias protagonizadas por rapazas valentes e afoutas, como as nosas participantes do club de lectura!
Con estas lecturas nos achegamos ao mundo das sereas, dos contos mariñeiros e á literatura tradicional de Galicia, ademáis de coñecer a figura do prolífico escritor Agustín Fernández Paz.
E con polbos, buguinas, cartas de mar e catalexos nos mesturamos nos mundos da fantasía e da creatividade literaria.
Ademáis, saudamos hoxe a unha nova compoñente do club, que sabemos que o pasou moi ben, e que repetirá. Estamos de noraboa... e só che dicimos: Benvida Michele!
No hay comentarios:
Publicar un comentario