Do 16 ao 19 de
xuño as bibliotecas municipais estaremos presentes na Feira do Libro de Redondela, no espazo instalado nos xardíns xunto á estatua de Castelao.
Que vos podedes atopar no "Espazo Biblioteca"?:
Libros para consultar, xogos e contos para os nenos e a posibilidade de facervos socios da mesma con só presentar o DNI e cubrir o impreso de solicitude.

PARA CELEBRAR ESTE
EVENTO CADA PERSOA QUE SE FAGA SOCIA DA BIBLIOTECA NO STAND DA MESMA
LEVARÁ UN AGASALLO que consistirá nunha bolsa das bibliotecas decorada
coa Coca Simona, en tea + 1 exemplar en galego de "Vinte mil leguas
baixo dos mares" de Jules Verne + 1 marcapáxinas conmemorativo do 400
aniversario do pasamento de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare + 1 marcapáxinas conmemorativo das Letras Galegas 2016, editado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Así mesmo o DOMINGO 19 ás 18:00, gozaremos da man de María José
Villar e a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela
do contacontos "O soldadiño de Chumbo". Terá lugar no espazo adicado
ás actividades (xunto ao da biblioteca)
Colabora nesta actividade a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Velaquí podedes ver as actividades programadas para esta Feira do Libro redondelá:
Colabora nesta actividade a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Velaquí podedes ver as actividades programadas para esta Feira do Libro redondelá:
No hay comentarios:
Publicar un comentario