Con motivo do 150 aniversario do nacemento do noso xenial autor Ramón María del Valle-Inclán temos o pracer de presentarvos a actividade "Os lentes de Valle", obradoiro para nenos de 7 a 11 anos, que quere render unha homenaxe ao escritor vilanovés que dá nome á biblioteca municipal de Redondela
Esta actividade, dirixida por Leonor Rodríguez Castro, terá lugar o venres 19 de agosto, ás 11.00 h. nas dependencias da biblioteca municipal.
As actividades que se van a levar a cabo neste taller consistirán nun xogo de Trivial sobre a figura do autor e nun obradoiro no que os nenos elaborarán os lentes e as barbas do escritor, tranformándose así nuns novos Valle-Inclán.
Así mesmo, construirán uns lentes para a figura escultórica do autor que preside a Praza Figueroa, onde farán entrega das mesmas colocándollas á escultura. A actividade rematará coa lectura dun fragmento dunha das súas obras.
Prazas limitadas. Inscrición previa, de balde, na Biblioteca Municipal (tfno. 986 401561)
Prazas limitadas. Inscrición previa, de balde, na Biblioteca Municipal (tfno. 986 401561)
No hay comentarios:
Publicar un comentario