As bibliotecas de Redondela, en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello, fixemos esta pequena homenaxe ao escritor ourensán, convidando a rapaces e adultos a debuxar unha galiña azul, en recordo do seu famoso conto.
A galiña azul está a decorar as nosas bibliotecas nestes días.
Na nosa sede de Chapela contamos, ademáis, coa inestimable complicidade do curso de traballos manuais da Asociación Cultural e Social de Chapela, e coa súa magnífica profesora, Gladys, que animou aos seus alumnos máis cativos a participar facendo pequenas galiñas de cartón reciclado, e ás súas aprendices máis avanzadas a facer outras orixinais creacións.
Non son fermosas? A nós encántannos!
Feliz Día das Letras Galegas e parabéns a Carlos Casares polo seu día.
Non son fermosas? A nós encántannos!
Feliz Día das Letras Galegas e parabéns a Carlos Casares polo seu día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario