E como lles vai aos nosos afoutos lectores do club infantil? Hai tempo que non vos falamos deles!
Nestes meses están a ler propostas de diferentes autores e con temáticas moi variadas. Se en febreiro nos achegamos a unha historia un pouco tola sobre gatos do espacio, con "O capitán Ro e o gato Bo", as seguintes lecturas se achegaron a temáticas máis realistas:
- "Mi abuelo el presunto", da madrileña Paloma Bordóns.
- "El libro invisible" do escritor e autor de cómics Santiago García-Clairac.
Conflitos familiares, reencontros con avós inesperados, nais actrices de teatro, pais escritores de novelas fantásticas, indianos que volven das américas, sopas que se queiman, xelados, saxofonistas de rúa, rapaces que cambian de cole, gánsteres, abusóns da escola, princesas e cabaleiros, libros misteriosos, amigos incondicionais... e moita maxia.
Todos estos temas, en resumo, están contidos en ambas novelas. Son as dúas moi divertidas e recibiron boas críticas por parte dos nosos participantes do club de lectura. Por iso, se queredes coñecelas, mellor que as leades vós mesmos. Podedes pedilas na biblioteca.
Nas xuntanzas coñecemos outros libros sobre avós, ou sobre o amor pola lectura, e tamén falamos sobre as nosas relacións familiares, e aprendemos tamén novos trucos de maxia.
Aproveitamos para amosarvos un pequeno e simpático time-lapse que o noso videocámara Iago Rodríguez nos elaborou durante a nosa xuntanza de marzo.
E mañá, mércores 24 de maio, teremos unha nova reunión. Desta vez falaremos dun queixo, e dun cabalo, e dunha mosca, e dun cuquiño... e dun libro riquiño. "Falou un queixo": Unha orixinal e curiosa historia teatralizada e en verso, escrita en galego pola alemana Heidi Kühn-Bode.
No hay comentarios:
Publicar un comentario