Entre contos, o pasado xoves entramos xa na 3ª sesión deste ciclo de contos e xogos para os cativos, realizados polo alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela na nosa biblioteca desta parroquia.
"O traxe novo do rei león" adaptación dun conto sobre a realidade e as falsas apariencias ao que lle deron vida estes estudantes nunha representación teatral.
Que nostalxia nos trouxeron estes xogos! Que bonito!
Nenos e nenas (e algún adulto tamén) gozaron de preparar estes pequenos bonecos para xogar con eles na casa.
Moitas grazas a estas alumnas por preparar as actividades!
Mañá, xoves 25, ás 18:30, a derradeira das actividades deste ciclo, que leva o suxerente título: "Onde están as nubes?".
- Ver aquí a 1ª sesión das actividades: "Os chibos chibóns"
- Ver aquí a 2ª sesión das actividades: "A ratiña curriñas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario