A partir do venres 12 de Maio e ata o venres 19, poderás achegarte ás bibliotecas municipais para ver os nosos centros de interese sobre a obra do escritor Carlos Casares, homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2017.
As bibliotecas contamos cun amplo fondo onde están presentes as súas novelas, relatos, artigos de prensa, estudos ou traducións ao galego.
E para homenaxear ao escritor, nada mellor que facelo recordando o fermoso e coñecidísimo conto "A galiña azul". Va que o recordades da vosa infancia? Gústavos aos cativos/as de hoxe? Nas bibliotecas podedes vir debuxar, compoñer ou colorear a vosa pita de cor azul (coas plumas vermellas nas ás) e adicarlla ao profesor Casares no seu día especial.
Decoraremos as bibliotecas coas vosas galiñas, facendo un guiño-homenaxe moi cariñoso ao escritor.
Colabora na iniciativa o Servizo de Normalización Lingüística do concello.
Decoraremos as bibliotecas coas vosas galiñas, facendo un guiño-homenaxe moi cariñoso ao escritor.
Colabora na iniciativa o Servizo de Normalización Lingüística do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario