lunes, 8 de mayo de 2017

Dous persoeiros redondeláns, Reveriano Soutullo e mais Diego San José, protagonistas dos parladoiros dos Amigos das Bibliotecas de Redondela


A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela presenta o venres 12 de Maio o seu vindeiro parladoiro.

Desta vez os protagonistas do mesmo serán dous persoeiros redondeláns da primeira metade do século XX: o músico Reveriano Soutullo e mais o xornalista Diego San José.

Diego San José e Reveriano Soutullo: dúas vidas unidas pola arte é o título da charla proposta, que será relatada polo músico, estudoso, coleccionista e mestre: Alejo Amoedoquen está a ultimar a súa tese de doutoramento arredor da figura de Reveriano Soutullo.

O venres 12 de maio, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Redondela.
Organiza a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, coa colaboración das bibliotecas municipais.

No hay comentarios: