Entre o mes do libro e tamén o das Letras Galegas máis de 400 rapaces dos CEIP de Santa Mariña e tamén do EEI A Marisma celebraron unha Lectura na rúa, xuntándose na Xunqueira de Redondela para ler e para convidar a todos os paseantes a facelo e a falar de lecturas.
As bibliotecas municipais de Redondela estivemos presentes nesta fermosa actividade, xunto coa Coca Simona, que agasallou aos participantes con marcapáxinas homenaxe a Gloria Fuertes, cedidos pola editorial Susaeta.
A actividade, iniciativa pola biblioteca do CEIP Santa Mariña, tivo moita repercusión na prensa e nos medios locais, aos que lles queremos dar o noso agradecemento.
- Ver entrevista a alumnos lectores.
- Ver entrevista a Elena Becerra, directora das bibliotecas de Redondela.
Grazas a todos os presentes, alumnos e mais profesores. Agardamos poder repetir máis veces a experiencia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario