Trala interesantísima charla que os Amigos das Bibliotecas nos ofreceron o sobre o Pergameo Vindel, chegou o momento de achegarnos físicamente a el.
Esta tarde un grupo de usuarios das bibliotecas de Redondela, así como de membros da Asociación de Amigos desprazáronse ata o Museo do Mar de Galicia, na parroquia viguesa de Alcabre, para coñecer tan importante documento da historia da nosa literatura, dentro da exposición "O pergamiño Vindel, un tesouro en sete cantigas".
A visita, conducida pola guía do museo Aroa, foi do agrado de todos os asistentes, e o encontro co pergameo, un momento moi emocionante.
E aos/ás participantes, grazas por compartir esta xornada museística coas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario