jueves, 19 de abril de 2018

As bibliotecas de Redondela utilizan o humor para promover a lectura


                   Non ler prexudica seriamente a saúde

As Bibliotecas de Redondela lanzamos tres breves anuncios humorísticos para festexar o  Día Internacional do Libro, 23 de abril, co lema Non Ler prexudica seriamente a saúde.

   Estes anuncios, de apenas uns segundos, e que se desenvolven no Multiúsos da  Xunqueira e os seus arredores, queren deixar clara a importancia da lectura e que o simple feito de ler pódenos evitar moitos problemas en calquera situación da vida.


   Accede aquí aos anuncios:

ANUNCIO 1

ANUNCIO 2


ANUNCIO 3



Os anuncios foron realizados pola pontevedresa Producciones Mutantes e poderán verse, entre outros lugares, no certame de Redondela en Curto, nas redes sociais das bibliotecas e na web do concello.

O equipo de Producciones Mutantes

No hay comentarios: