miércoles, 18 de abril de 2018

Lectura na Rúa 2018

O pasado 2017, 431 rapaces dos CEIP de Santa Mariña e tamén do EEI A Marisma,  encheron o Paseo da Xunqueira para ler e para convidar a todos os paseantes a facelo baixo o lema "Lectura na Rúa".

As bibliotecas de Redondela tivemos a sorte de poder colaborar en esta iniciativa da biblioteca do CEIP Santa Mariña e vivimos unha mañá inesquecible.


Non vivistes a experiencia? Non vos preocupedes, animámosvos a que este próximo venres, 20 de abril, pasedes polo Paseo da Xunqueira e, ademais de deleitarvos co aroma das glicinias, vos unades aos 500 nenos que gozarán duns momentos de lectura silenciosa e compartida. 

Para que ese intre de lectura vos sexa o máis grato posible, as bibliotecas colocaremos un acolledor recuncho cunha variedade de lecturas relacionadas cos aniversarios literarios deste ano (Jules Verne, Enid Blyton, María Victoria Moreno, Frankenstein, 50 anos das Bibliotecas de Redondela...)

Por certo, sabemos que nos vai visitar un entrañable amigo de cor verde que xa estivo connosco o pasado ano.

Non queremos rematar sen un agradecemento moi especial  ao CEIP Santa Mariña por contar con nós un ano máis


No hay comentarios: