jueves, 7 de junio de 2018

Contacontos musicado na biblioteca de Chapela


Achégase a despedida do curso lectivo, e para celebralo, nada mellor que facer unha actividade de despedida emotiva que nos deixe bo recordo.

O venres 15 de xuño, ás 19:00 h., teremos unha actividade nova para nós. Por primeira vez xuntaremos a un escritor e a un músico, para facer un contacontos máxico na biblioteca.

Miguel Ángel Alonso Diz, coñecido poeta, autor de literatura infantil e xenial contador, estará con nós, xunto cunha representación da Escola de música de Chapela (neste caso a súa pianista), que acompañará musicalmente a narración da historia: "O soño de Esther", e coa música orixinal composta por Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela.

A actividade está pensada para público familiar e a entrada é libre.

Achegádevos a gozar da música e das historias con Miguel Ángel e a Escola de Música!

No hay comentarios: