jueves, 7 de junio de 2018

Pero...quen é Leolo?

Seguro que, nestes días, moitos vos preguntades, pero quen é este Leolo do que tanto se está a falar? 😉


Imaxe de Leolo na antiga páxina web das bibliotecas de Redondela

 Imos tentar contestar a esta pregunta.
 
Leolo tricotado; agasallo da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais
 Leolo o Contadelo, naceu no 2008, moi ligado ao primeiro club de lectura infantil das nosas bibliotecas, o Club de Lectura Infantil Valle-Inclán


Camiseta dos membros do Club de Lectura Infantil (ano 2008)

Presentación do Club de Lectura Infantil (ano 2006)


O deseñador redondelano, José Migueles “Sé” é o pai da criatura que, así mesmo, conta cun poema dedicado polo escritor Miguel Ángel Alonso Diz, realizado no ano 2015 con motivo do X Aniversario da Biblioteca de Chapela. 
 
Poema a Leolo o Contadelo  por Miguel Ángel Alonso Diz




 José Migueles “Sé", artífice de Leolo, é deseñador e creador de banda deseñada, e moi coñecido polo público por "Golfón” un proxecto, que arrincou en 2008, desde Redondela, unha vila que non é allea ao desenvolvemento téxtil, pois nela naceu e prosperou a que foi a fábrica de camisas máis grande de Europa, Regojo. José Migueles é un deseñador que ten na actualidade un catálogo de 15 deseños, algúns deles memorables, como o de " Versacho, moda rural", ou o de "Perdidiños, inspirado na serie de TV “Perdidos”(que, por certo,  está a piques de repoñerse en TV), do que chegou a vender mil camisetas en menos dun mes.

José Migueles, "Sé", pai da criatura

   Pero no 2008 non soamente naceu “ Golfón” senón que "Sé" tamén deu vida a un personaxe que se está convertendo en memorable,“ Leolo o Contadelo “, mascota das bibliotecas de Redondela, que recibiu nome e apelido por votación popular e que cumpre neste ano, 10 da súa vinda á vida do municipio redondelano.
 
 Leolo estivo presente, como representante do 50 aniversario das bibliotecas, nas alfombras do Corpus de Redondela deste ano...pero... (continúa na seguinte liña)

Corpus 2018
   ....houbo outro Corpus no que tamén fixo acto de presenza, mirade aquí

E agora, deixámosvos os looks que nos brinda Leolo en tempada de inverno, verán e outono-primavera 😊 

Os "looks" de Leolo


ATA SEMPRE, AMIG@S!


No hay comentarios: