lunes, 12 de noviembre de 2018

Libros solidarios na Biblioteca de Chapela


Volve a campaña de libros solidarios na Biblioteca de Chapela!

Libros x alimentos: do 12 de novembro ao 14 de decembro, no Multiúsos de Chapela.

En colaboración con Cáritas Redondela a biblioteca pretende facer unha recollida solidaria de alimentos e produtos de hixiene a cambio dos libros e outros documentos que non precisamos para a nosa colección.

O luns 12 de novembro será o comezo. Liberaremos libros e mais outros documentos (películas e música) que expoñeremos nun lugar habilitado no Multiúsos de Chapela. Alí poderedes coller o que vos guste, e deixarnos as vosas aportacións en especie.

Os produtos recollidos serán repartidos por parte do noso colaborador entre as familias que máis os precisen.

Agardamos a vosa participación e adiantámosvos as grazas de todo corazón pola vosa solidariedade. 😃

Recomendámosvos visitar o noso pequeno mercadiño solidario máis dun día, pois irá cambiando cada semana.

O noso rincón solidario está preparado no recibidor de entrada
da planta superior do Multiúsos de Chapela

No hay comentarios: