viernes, 20 de septiembre de 2019

Bebecontos na biblioteca de Chapela

Dentro do noso programa de actividades infantís destes próximos meses, as bibliotecas achegámosvos tamén un contacontos para bebés.

Cativos e cativas de 6 meses a 3 anos poderán gozar dun espectáculo de descubrimento e emoción con Trémola Teatro, e co suxestivo título "Que animaliño é?"


Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. “Que animaliño é?”, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

O contacontos terá lugar o Luns 30 de setembro, ás 18:00 h.

Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente na biblioteca, xa que as prazas son limitadas.

Podedes anotarvos para o contacontos:
- Achegándovos á Biblioteca de Chapela

- Por teléfono, chamando ao 986-454-226
- No correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal

A actividade é de balde, e ofrecémola grazas ao programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia

No hay comentarios: