viernes, 20 de septiembre de 2019

Contaconteando en verso... con Yolanda Castaño na biblioteca Xela Arias de Chapela

 


De poetisa a poetisa.... a poeta Yolanda Castaño visitou esta tarde a biblioteca que leva o nome doutra poeta senlleira das letras galegas: a biblioteca Xela Arias de Chapela.

E viu, neste caso, para achegarlle fermosos poemas aos máis cativos da parroquia. 

Baseándose no seu poemario Coller as rendas, no que os membros máis singulares do noso animalario (berberechas, cascudas, carrachas, escaravellas, ourizos) protagonizan decisións valentes sobre as súas vidas, Yolanda foi narrando e contando estas historias cheas de poesía e de vida.



Agradecemos a Yolanda e ao público que viu á nosa biblioteca a gozar da poesía e dos libros.


A actividade realizouse dentro do programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, para a dinamización da lectura nas bibliotecas.
 

No hay comentarios: