lunes, 21 de octubre de 2019

Actividades na Biblioteca de Redondela para comezar o curso


ESCAPE ROOM-Atrapados con Alicia
con Ceo Aberto




O pasado venres, en tres sesións, varios grupos de nen@s, atrapad@s na historia de Alicia no País das Marabillas, intentaron saír da mesma a través da resolución de diferentes probas, mensaxes ocultas,  enigmas,...ata  conseguir os códigos necesarios para acadar a  liberación final.
Exitazo total da actividade entre tod@s @s participantes.

POLA IGUALDADE DENDE A MAXIA 
con Leo Leiño e VISITA DO ALUMNADO DE 2º DO CEIP SANTA MARIÑA


A Maga Leo Leiño, e a súa axudante, Cris Chisgarabís, trouxeron moita maxia á visita que nos fixeron @s nos@s amig@s do CEIP Santa Mariña o pasado día 7. Mediante xogos maxicos coñecemos ás mulleres que loitaron polos dereitos, espallando  polo mundo dunha forma incrible a igualdade. 

Como Houdini liberarase das cadeas que lle quitaban a liberdade, @s nos@s amig@s fixeron, a través do ilusionismo, que os  mellores desexos se fixeran realidade.

 
SOÑANDO INVENTEI 
 con María Faltri e Jorge Juncal 


O 4 de outubro, cancións e historias pola igualdade da man de María Faltri e Jorge Juncal 




POEMA ZEN con Elisabet Hillerud

 
Na mañá do 19 de setembro, na biblioteca de Redondela, desenvolveuse un fantástico obradoiro segundo o método zentangle no que se decorou un poema de Gloria Fuertes sobre a igualdade.
Xa tivemos a oportunidade de contar con Elisabet Hillerud en outras ocasións e soamente podemos dicir que é un auténtico luxo poder gozar da súa maestría unha vez máis.
"Poema zen", nome que recibe esta actividade dentro do programa Ler conta Moito, fixo as delicias de tódalas participantes🤩🤩🤩
#lercontamoito

 


 
BIOTECNÓLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA BIBLIOTECA - Actividade para rapazada

Agggghhhh! Un cadáver na biblioteca de Redondela??? 😱😱😱😱
Non☺️, son os Biotecnólogos escrarecendo un crime na Biblioteca a mañá do 6 de setembro 😎😎😎
#lercontamoito



OS CATRO TESOUROS - Cos clubs de lectura das bibliotecas


Cando se sae dunha actividade con ansias de que durase máis e máis, é que foi un éxito e gozouse unha chea😀; así na tarde do día 6, no obradoiro de iniciación á caligrafía chinesa co que os clubs de lectura iniciaban o novo curso.
Moitas grazas ao profesor, Miguel Cortés, por descubrir en cada un de nós ao chinés que levamos dentro ☺️☺️☺️☺️



Actividades realizadas dentro do programa Ler conta Moito.



No hay comentarios: