martes, 8 de octubre de 2019

Contacontos para maiores con Avelino González na Biblioteca de Chapela

Neste mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, así que en Redondela temos a axenda chea de actividades. Dese xeito, paralelamente á programación infantil da que xa vos falamos estes días, estamos a preparar unha proposta destinada a un público distinto: os nosos maiores.

E para facela, contaremos cun convidado excepcional. O actor e monologuista Avelino González despregará as súas dotes como narrador en Contamos todas; un espectáculo de narración oral no que, con moito humor, se abordará o papel das mulleres nas historias épicas tradicionais, porque....

Que pasaría se os protagonistas das historias épicas e de aventuras non fosen "os" senón as mulleres?

A actividade está dirixida a público adulto. É de balde pero precisa inscrición previa.

A cita será na Biblioteca Xela Arias de Chapela, o xoves 17 de outubro, ás 18:30h.

Non vola perdades!

A actividade realizarase dentro do programa Ler conta moito para a promoción da Igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
Agradecemos á Asociación Cultural e Social de Chapela e mais a UDP Redondela a súa participación na difusión desta proposta.
 

No hay comentarios: