A divulgación científica e o atraente universo literario de Harry Potter conflúen na vindeira actividade que preparamos para o mes de outubro na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
O grupo Ceo Aberto sorprenderá e divertirá aos nenos e nenas de Chapela con unha proposta de ciencia lúdica e didáctica. Porque aprender ciencia pode ser moi divertido, sobre todo se a misturamos co melloriño da literatura xuvenil dos nosos tempos.
A cita será o vindeiro xoves 10 de outubro, ás 18:30h.
A proposta está deseñada para rapazada de 7 a 12 anos. Os interesados poderán inscribirse dende xa na biblioteca.
A Ciencia de Harry Potter é un espectáculo-charla cientifíca de
inspiración Literaria. A través de experimentos espectaculares iremos
percorrendo o mundo creado por J. L. Rowling e analizando desde a
óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo
literario de Harry Potter.
Se vos interesa a ciencia, se vos gusta Harry Potter ou se queredes pasar un bo rato aprendendo cousas novas, inscribídevos xa!
- Achegándovos á Biblioteca de Chapela
- Por teléfono, chamando ao 986-454-226
- No correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario