O grupo Trémola Teatro conquistou o corazón dos máis cativiños de Chapela, e tamén das súas familias, ao achegarnos onte a belísima narración sensorial "Que animaliño é?".
Un conto sinxelo onde as cores, os movementos, a música, o son dos instrumentos musicais, as cancións de acompañamento, as texturas, e ata as pompas de xabón teñen un protagonismo fundamental para emocionar a un público tan esixente como os cativos de 0 a 3 anos, que se achegaron onte a Chapela a gozar da maxia da literatura.
Moitas grazas a Trémola Teatro pola súa maxia narrativa, e pola beleza e a tenrura que nos achegaron na tarde do luns á Biblioteca Xela Arias de Chapela.
A actividade tivo lugar dentro do programa Ler conta Moito da Consellería de Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario