miércoles, 18 de diciembre de 2019

O Blogue de Literaturas Irmás-Irmãs

O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs 
ten blogue propio 

PICA AQUÍ para acceder ao blogue

Este proxecto, como ben sabedes, pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.

 En xuño de 2018, unha representación cultural do concello de Redondela, das bibliotecas municipais e mais a mentora do proxecto, Tania Lago, desprazouse á vila portuguesa de Monção para dar comezo a unha colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro desta iniciativa. 


 No blogue podedes atopar aos autores que protagonizan os centros de interese que se colocan  nas bibliotecas de cada municipio referentes a un autor galego, no caso da de Monçao, e a un autor portugués nas de Redondela. Así mesmo cada mes e medio atoparedes unha recomendación por parte dun axente cultural e de cidadáns en xeral  de cada localidade dunha obra en lingua galega e portuguesa.



 Non esquezades que Literaturas Irmás-Irmãs tamén ten presenza en Instagram desde o ano 2018

Estes instrumentos que crean lazos entre municipios, entre bibliotecas, entre cidadáns, están xestionados con creatividade, bo gusto e profesionalidade por Tania Lago, á que desde aquí enviamos o noso máis caloroso agradecemento.

No hay comentarios: