Onte, iniciamos no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs a sección "Eu recomendo..." na que diferentes representantes da cultura de Monçao e de Redondela,
recomendarannos, con periodicidade mensual, unha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.
O mes de Nadal ven a ser o máis lucido para a estrea desta nova sección. E para arrincar motores con ela, nada mellor que recorrer a Dosi Pérez, representante máis novo dunha veterana saga de libreiros da nosa vila: La Imprenta, Hijos de Amador. Con ela dise que naceron moitos lectores de Redondela.
Dosi convídanos a ler unha obra que podemos dicir está no cume das súas preferidas: Vicus de Beto Luaces, unha obra que se encadra dentro do que xa podemos denominar como novela negra viguesa.
Pero xa calamos e que fale Dosi! (premede neste link para lelo)
Pero xa calamos e que fale Dosi! (premede neste link para lelo)
O escritor Beto Luaces recolle o noso proxecto nas súas redes sociais.
(Moitas grazas, Beto! 😀)
No Tweeter e Instagram de Beto Luaces |
No hay comentarios:
Publicar un comentario