lunes, 2 de diciembre de 2019

O C.S. de Educación Infantil do IES Chapela coñece a colección de literatura infantil da biblioteca



O alumnado do C.S. de Educación Infantil modular do IES Chapela achegouse o pasado venres á Biblioteca Xela Arias, situada moi preto das súas instalacións, para coñecer un pouco máis sobre literatura infantil, e sobre os libros que máis gustan ás crianzas.
Dentro da súa asignatura "Expresión" pronto van traballar cos contos para cativos, polo que achegarse á biblioteca e coñecer as actividades que desenvolven cos nenos/as e mais os fondos que teñen de literatura infantil e xuvenil élles de moito interese.

 














A visita foi un furacán de propostas e suxerencias, con moitísimos libros (e moi bos) entre contos populares, álbumes ilustrados e outras propostas da nosa colección.

Agardamos que os asistentes recolleran ideas destes libros para traballar coa literatura infantil nas próximas semanas. Sabemos que algúns deles xa se decantaron por algúns títulos. Agardamos poder coñecer o seu traballo! 

Moitas grazas a este alumnado, e mais a Marga, a súa profesora, por darlle vida á nosa literatura e permitirnos (a nós tamén) gozar con ela. 😀

No hay comentarios: