O cume do clima de Madrid congregará, do 2 ao 13 de decembro, a máis de
29.000 persoas de 196 países para tratar
de impulsar a acción mundial contra a emerxencia climática.
A celebración en Madrid do Cume do Clima COP25 propicia a
concentración de numerosos expertos sobre cambio climático
do planeta. A cultura e o deporte súmanse tamén a este Cume e para iso,
as institucións culturais e deportivas vinculadas ao Goberno de España
puxeron en marcha unha serie de actividades que, desde o seu ámbito,
pretenden chamar a atención sobre o estado de emerxencia climática a
través de campañas, debates, xornadas, concertos e obras teatrais, entre
outras actividades.
As Bibliotecas de Redondela queremos unirnos a esta chamada de atención cun pequeno xesto: se do 2
ao 13 de decembro realizas algún préstamo nas bibliotecas municipais de
Redondela, entrarás directamente no sorteo da obra, "Las reservas de la Biosfera en España", dous magníficos
volumes, con excepcionais fotografias, adicados a trinta e dous espazos naturais que na xeografía española están
considerados reservas da Biosfera
O nome da persoa agraciada darase a coñecer nas nosas redes sociais o martes 17 de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario