ESCRIBIR A VIDA:
Charla-obradoiro
sobre os beneficios da escritura expresiva
Unha reflexión teórica e práctica sobre a escritura expresiva
na que trataremos as seguintes cuestións:
-Diferenzas entre a escritura expresiva e
creativa.
-Historia e descubrimentos ao longo de case cinco décadas de
investigación neste campo.
-Por que funciona a escritura expresiva?
-Beneficios esperables. Por qué escribir a vida é “vivila dúas
veces”.
-Suxestións para obter o máximo proveito da escritura persoal e
autobiográfica e para afrontar as dificultades que se poden
presentar.
-A escritura expresiva como viveiro de proxectos
creativos.
-Lectura de exemplos.
-Unha pequena sesión práctica.
MARISÉ
BARREIRO. Filóloga, docente e gestaltista especializada en
escritura expresiva. Formada no Center for Journal Therapy, é coautora, xunto
coa súa directora Kathleen Adams, de The teacher´s journal e participa na
antoloxía Expressive writing: classroom and community. Imparte cursos
regularmente en Galicia, Madrid, Barcelona, Menorca e outras
cidades.
Creadora de varios cursos de escritura expresiva,
entre eles Escribíndome, o Diario do profesor e Historias de muller.
Fundadora de CAFUNÉ,
escola de escritura creativa, expresiva e literaria.
Venres 21 de febreiro, ás 19:00 h.
Na Casa da Cultura de Redondela
Entrada libre e de balde
Venres 21 de febreiro, ás 19:00 h.
Na Casa da Cultura de Redondela
Entrada libre e de balde
No hay comentarios:
Publicar un comentario