O termo escritura expresiva define á escritura persoal, onde o mundo interno do escritor, coa súa experiencia, pensamentos e recordos é o protagonista. Exemplos comúns deste tipo de escritura son os diarios persoais, as cartas, e os poemas e relatos autobiográficos.
O simple acto de escribir regularmente sobre a nosa experiencia e
reaccións ten un impacto positivo na autoestima, proporciona claridade e
perspectiva, axúdanos a coñecernos e expresarnos, a reducir tensións, a
atravesar dificultades e a explorar a nosa creatividade.
É unha
práctica na que mans, corazón e cabeza traballan en sintonía
aprendendo a coordinarse, primeiro sobre o papel e logo na vida.
Escribindo descubrimos a poesía na nosa vida, o drama que subxace ao anodino,
a maxia do cotián.
Aprendemos a recoñecer nosa propia humanidade e a
aceptarnos, a darnos ánimos nos riscos que necesitamos afrontar, a asomarnos
á vida que soñamos.
Escribir axuda a que as pezas vaian encaixando e a
que a senda se faga visible na néboa.
Por todo isto, desde as Bibliotecas de Redondela, propoñémosvos esta actividade, simplemente para que tod@s @s que participedes nela sexades moito máis felices ao final da mesma.
Marisé Barreiro, condutora do obradoiro |
O Obradoiro de escritura expresiva consta de 6 sesións de dúas horas e de carácter quincenal, podendo elixir entre estas dúas opcións:
Opción 1. LUGAR: Biblioteca P. M. Valle-Inclán (Redondela)
Mércores, 11 e 25 de marzo
Mércores, 15 e 29 de abril
Mércores, 13 e 27 de maio
En horario de mañá: 11:00 a 13:00 h. Mércores, 11 e 25 de marzo
Mércores, 15 e 29 de abril
Mércores, 13 e 27 de maio
En horario de tarde: 19:00 a 21:00 h.
De balde. Prazas limitadas. Inscrición previa
Picade AQUÍ para acceder ao tríptico no que a condutora do obradoiro, Marisé Barreiro, fala acerca do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario