martes, 31 de marzo de 2020

2 de Abril, Día do libro Infantil: celebrámolo en confinamento nas Bibliotecas de Redondela

Cartel conmemorativo do Día do Libro Infantil 2020, ilustrado por Damijan Stepančič

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran este 2 de abril, a pesar do confinamento, o Día Internacional do Libro Infantil... Iso si, farano a través das redes sociais.

O Día Internacional do Libro Infantil se celebra cada 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen:


Programa de celebración das Bibliotecas Municipais de Redondela:

O día 1 de abrila maga "Leo Leíño" convidará aos nenos de Redondela, a través dunha mensaxe gravada en vídeo desde o seu confinamento, a ter presente a conmemoración a través dunha breve narración máxica dun conto clásico.

O día 2 de abril, o propio da efeméride, emitirase a mensaxe oficial do Día, dirixida a todos os nenos do mundo e escrita polo esloveno Peter Svetina. Esta mensaxe, gravada en vídeo por Xandre Vazquez, produtor teatral da compañia Educateatro produccionsemitirase, tamén, polas ondas da Radio Municipal de Redondela.

O mesmo día, daranse a coñecer os nomes dos Mellores Lectores Infantís das nosas bibliotecas do ano 2019, que son os menores de 14 anos que fixeron un maior uso do servizo de préstamo no pasado ano.


Así mesmo as bibliotecas convidamos aos nosos usuarios de entre 6 e 14 anos a participar no concurso "Un poema na túa voz", organizado por Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Por último, e dentro da sección #quedanacasaele que se desenvolve dentro do programa matinal "A Estación" de Radio Redondela, farase fincapé nestes días nas recomendacións de literatura infantil.


As bibliotecas municipais de Redondela adhírense así á campaña da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil), que promove a celebración desta efeméride todos os anos.


Porque o importante, nestes días, é...
#quedanacasaele
#euquedonacasa
#aculturasegue

VELAQUÍ PODEDES VER O VÍDEO QUE NOS ACHEGA LEO LEÍÑO PARA OS LECTORES DAS NOSAS BIBLIOTECAS:
No Faro de Vigo
Na web do concello

No hay comentarios: