Como cada ano, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, as bibliotecas municipais facemos un recoñecemento especial aos lectores menores de 14 anos que máis utilizaron o servizo de préstamo no ano anterior.
Ese día os galardoados achéganse ás bibliotecas municipais
de Redondela para recoller o seu agasallo.
Este ano, debido ás especiais circunstancias nas que nos atopamos, este acto posponse ata que volva á normalidade o
servizo bibliotecario. Porén non queremos deixar de distinguir no día
sinalado a estes pequenos grandes lectores.
Pero hai máis circunstancias peculiares nos Premios deste ano. O gañador
na Biblioteca P. M.
Valle-Inclán de Redondela non é un usuario, senon dous. Trátase de dous irmáns xemelgos que se
colocaron á vez na primeira posición, Brais e Adrián, de cinco anos, que nos achegan esta foto tan simpática do seu tempo de lectura na casa.
Na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela, o gañador tamén ten 5 anos. O seu nome é David Fernández Amoedo, que tamén aproveita estes días para gozar da lectura na casa.
Na web do concello
#quedanacasaele
No hay comentarios:
Publicar un comentario