#quedanacasaele, a campaña que lanzamos dende as bibliotecas municipais para promover a lectura como ferramenta terapéutica neste encerro, terá o seu reflexo tamén en Radio Redondela.
Diariamente nos días laborables, e durante todo o tempo de duración do confinamento, o persoal das bibliotecas compartirá nas ondas municipais recomendacións lectoras, propostas literarias, iniciativas nas redes sociais entorno á literatura... e outras iniciativas culturais para ocupar o tempo e entreternos durante os días de confinamento.
Compartirémolas no noso Facebook, e tamén no da propia emisora. Poderedes tamén seguilas co citado cancelo (#)
Neste enlace, a primeira sección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario