A tarde de hoxe a Biblioteca Xela Arias brillou de ledicia. A contadora
Ana Facchini deu vida aos contos no pequeno espazo da nova sala infantil.
Aínda que cativa, hoxe creceu para dar cabida a un nutrido grupo de de
nenos, nenas e adultos acompañantes, que a encheron para
gozar da maxia das historias.
Moitas grazas a todos por vir, e por darlle tanta vida á nosa biblioteca.
Ver aquí as fotos do contacontos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario