Mañá venres, ás 19h, estaremos moi contentos de recibir a magnífica
contadora Ana Facchini para achegarnos historias divertidas, tenras e
tamén estrafalarias, que de seguro vos van facer rir e pasalo ben.
Un mundo máxico e un pouco ao revés que sairá do papel e tomará vida na nosa sala infantil.
Un mundo máxico e un pouco ao revés que sairá do papel e tomará vida na nosa sala infantil.
Atentos todos, que a vaca Victoria vai darnos volta á cabeza!
A verdadeira historia de Victoria - Con Ana Facchini.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA
VENRES 6 DE MARZO, ÁS 19:00 h.
"Esta é a historia da vaca Victoria. Pero e se no lugar dunha vaca, Victoria fose unha serpe, ou un coello, ou un galo, ou un lobo, ou unha solitaria velliña, ou...?".
Para rapazada a partir de 3 anos.
A entrada é libre e de balde, ata encher a sala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario